Martes. 19.03.2024
El tiempo

8 praias e un porto deportivo da Costa da Morte lucirán Bandeira Azul este verán

8 praias e un porto deportivo da Costa da Morte lucirán Bandeira Azul este verán

A Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (Adeac) vén de anunciar esta mañá as praias que lucirán Bandeira Azul este verán. E como non podía ser doutro xeito, Galicia é unha das zonas máis potentes, pero a Costa da Morte, a pesar de ter un potencial espectacular, non ten unha representación tan clara.
O ano pasado, das 117 praias con bandeira en toda Galicia, só 7, ou 10 estirando a bisbarra, eran da Costa da Morte.
Este ano as cifras soben en Galicia con 13 praias máis, chegando ás 126. Pero baixan na Costa da Morte. Así, estirando a bisbarra ata Caión, vemos só son 8 as que lucirán. Vemos así como as Praias de Estorde (Cee) e a de Quenxe (Corcubión) caen da listaxe, iso que a corcubionesa só a luciu durante un mes do pasado verán.

Estas son pois (sempre sen considerar este galardón algo verdadeiramente válido para evaluar a calidade dos areais) as praias da zona da Costa da Morte (incluíndo as dos Concellos de Carballo e Laracha) que lucirán Bandeira Azul este verán 2012:

  • Praia de Laxe (Laxe).
  • Praia do Ézaro (Dumbría).
  • Praia Boca do Rio (Carnota).
  • Praia de Mar de Lira (Carnota).
  • San Francisco (Muros).
  • Praia de Caión (Laracha),
  • Pedra do Sal (Carballo).
  • Saíñas (Carballo).

A praia das 2 bandeiras

Como gran protagonista, repite a Praia de Laxe, a única praia da Costa da Morte con 2 bandeiras, a Q de Calidade, e a Bandeira Azul, por segundo ano consecutivo.

Un Porto Deportivo

Finalmente, para rebaixar tensións, o Club Náutico de Camariñas pode disfrutar de ser un dos 17 Portos Deportivos de Galicia en poder contar coa bandeira azul este verán 2012.

Centros azuis

Ademais destacamos que Muros acollerá un dos chamados Centros Azuis, dentro da Axencia Local de Sostenibilidade.

Un Concello para ser Centro Azul debe contar dun centro de visitantes, aula de mar ou de natureza, etc., que inclúa entre os seus obxectivos e actividades a educación ambiental sobre os ecosistemas litorais e/ou o desenvolvemento sostible, así como información específica.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de ADEAC.

Comentarios