Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Asociación Abondou de Camariñas busca novos socios para seguir loitando contra a droga

A Asociación Abondou de Camariñas busca novos socios para seguir loitando contra a droga

O pasado sábado 16 de abril, a Asociación Abondou celebrou a asamblea xeral anual de socios. Alí acordaron comezar unha campaña captación de socios. I é que o mantemento das actividades actuaís, ademais de algún poxecto novedoso, supoñen un elevado custo para a entidade.

Que é Abondou?

A asociación para a loita contra as drogodependencias “ABONDOU” somos unha entidade sen ánimo de lucro de ámbito municipal, que se constituíu en Camariñas en marzo de 1994.

A finalidade que perseguimos é a de defender e protexer ó individuo e á colectividade ante o consumo, promoción e utilización das drogas tóxicas, estupefacientes e análogos; e traballar na prevención do consumo destas.

A xente que nos preocupa son os consumidores, as súas familias e en definitiva a poboación xeral que dunha ou doutra maneira está a sufrir o problema das drogodependencias.

Previsión de Actividades para o 2011

No ano 2011, a asociación ABONDOU pretende continuar coas mesmas actividades do ano anterior, entre as que destacan: prestacións para desprazamentos ás unidades asistenciais de drogodependencias a UAD de Carballo; programa “ABONDOU: prevención de drogas en secundaria” no IES Pedra da Aguia de Ponte do Porto; e co programa “ABONDOU: prevención de drogas nos colexios de primaria do concello de Camariñas”.

Así mesmo, continuarán realizando o programa de Tempo libre: “Educación para a saúde e prevencion das drogodependencias no tempo libre”, xa que proporciona a mocidade unha alternativa ás situacións de risco para iniciarse no consumo de estupefacientes e malos hábitos, o mesmo tempo que favorecemos o coñecemento e participación destes na súa cultura e no seu Contorno; por outro lado, darlle-las alternativas axeitadas para o disfrute do seu tempo de lecer.

Máis información

  • Teléfono de contacto: 981 736 424.

Fonte

  • Nota de prensa da directiva de Abondou.

Comentarios