Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A CMAT conta co seu espazo na II feira naútica de Camariñas

A CMAT conta co seu espazo na II feira naútica de Camariñas
Dende mañá e ata o domingo Camariñas acolle a II feira naútica no marco da cal están programadas varias actividades e na que haberá distintos stands. Entre eles estará o da CMAT quue, segundo indican, "colabora que organización do evento apostando por unha maior promoción deste tipo de actividades na Costa da Morte". Durante o mesmo a CMAT disporá de catro casetas con información e material turístico do xeodestino Costa da Morte. Ademais a CMAT organiza para o sábado, 23 de xuño, uns relatorios que finalizarán cunha mesa redonda na que se analizarán as fortalezas e as oportunidades do turismo sustentable na Costa da Morte. Nesta mesa redonda participarán membros da CMAT, APTCM, GALP e do GDR, que tamén darán conta da riqueza do patrimonio subacuático na comarca da man de varios mergulladores profesionais de Mergullo Finisterre e Mergullo Malpica. Como prato forte destes relatorios a presentación do proxecto WAOH! Route por parte de Turismo de Galicia onde Costa da Morte perfilase como un dos mais importantes enclaves de turismo de mergullo na xeografía galega. Plan de Acción O CMAT está estes meses nun exhautivo traballo de campo cos distintos axentes do sector turístico da Costa da Morte co fin de detectar as súas necesidades e prioridades a través de reunións, entrevistas e outros encontros. Os resultados plasmarase no Plan de Acción de Turismo de Costa da Morte, que se atopa na suá fase final de redacción. Por outra parte, o CMAT está esta tempada organizando un programa formativo para o sector turístico da Costa da Morte enfocado a catro liñas prioritarias: gastronomía, quilómetro cero, inglés para hostalaría e turísmo, interpretación e mercadotecnia do patrimonio natural e cultural e fortalecemento do turismo activo, deportivo e e aventura. Novas relacionadas Fonte

Comentarios