Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte tamén recibe Erasmus

A Costa da Morte tamén recibe Erasmus
Erasmus de visita polo Cabo Vilan

Andan por toda Europa, pero normalmente polas cidades. Desta volta, un grupo internacional de 200 estudantes Erasmus ESN Santiago estiveron realizando un percorrido pola Costa da Morte. A ruta realizada comprendeu diferentes puntos da zona norte da costa galega.

Nada menos que dende Austria, Polonia, República Checa, Eslovenia, Bután, Uzbekistán, Jordania, Sri Lanka, Chile, Colombia ou Uruguay entre outros países, a coñecer a Costa norte de Galicia. A ruta ha ter como destinos os concellos de Muros, Carnota, Dumbria (Ézaro), Fisterra, Muxía e Camariñas onde se achegaron ao Faro Vilán de Camariñas con fin de ruta e contemplar unha espectacular posta de sol.

Sen lugar a dúbidas, este percorrido serve para promocionar e exhibir a comarca de Costa da Morte a nivel internacional, e de seguro que no futuro máis dun volverá coas súas familias ou amigos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Asociación de Empresarios de Camariñas.

Comentarios