A Costa da Morte tamén vibra con terremotos
09:45 27/12/13
Imperceptibles para case todos, pero non para os sismógrafos. Había tempo que a Costa da Morte non aparecía nos mapas de terremotos do Instituto Nacional Xeográfico. Pero a pasada semana Camariñas e Vimianzo si que rexistraban movementos que facían saltar as alarmas.
Cunha magnitude de 2 na escala de Ritcher en Camariñas, por dúas veces, e de 1,8 en Vimianzo, as terras da Costa da Morte movíanse lixeiramente durante a mañá do 22 de decembro.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).