Luns. 07.10.2024
El tiempo

A Costa da Morte no epicentro do xadrez mundial

A Costa da Morte no epicentro do xadrez mundial
Partida do Campionato de Xadrez Entre Faros no Faro Vilan-Foto-Empresarios de Camarinas

Segue o Xadrez invandindo os faros da fin da terra. Onte tiña lugar no Faro Vilán de Camariñas a segunda xornada palilleira deste Campionato Internacional de Xadrez Entre Faros, que mantén na bisbarra a 5 campións mundiais deste deporte. I é que cómpre lembrar que en Galicia nunca se organizara un campionato destas características, deste potencial, e nestes momentos, todo o mundo do xadrez mira cara a Costa da Morte.

Hai moito xadrez en marcha (non vos perdades o vídeo da partida rápida entre Richard Rapport e Luís Medarde ao solpor dende o Faro Fisterra), pero hai moitas cousas máis. As actividades paralelas percorren os simbólicos puntos e así se vivíu a xornada de onte.

Tocáballe ao científico xalleiro Ángel Carracedo falar de “Faros e vida”. Unha charla acompañada por Rosalía Fernández, e na que estiveron moi preto dos preto de 30 persoas que se achegaron ao Faro.

Carracedo e Rosalia Fernandez Rial na charla no Vilan-Foto-Empresarios Camarinas

As charlas, e o xadrez, continúan nos faros. Hoxe seguirán as sesións no Vilán, e mañá o campionato se traslada á Biblioteca de Muxía (lamentablemente o faro Touriñán non está listo para acoller un evento así) para a recta final do Campionato.

Actividades paralelas

Evento Data Hora Lugar
Xadrez para todalas persoas “Equipo ENTRE FAROS” 11/10/2013 11:00 Muxía
“As estrelas sobre Muxía” con Josefina Ling 12/10/2013 18:00 Muxía
“Medir o perímetro da terra razonando” con Josefina Ling 12/10/2013 17:00 Muxía
Xadrez para todalas persoas “Equipo ENTRE FAROS” 14/10/2013 11:00 Muxía

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios