Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Costa vólcase polo Día Mundial contra o Cancro de Mama

A Costa vólcase polo Día Mundial contra o Cancro de Mama

Este venres, 19 de outubro é o Día Mundial contra o Cancro de Mama, e a Costa da Morte vai ter varias e significas iniciativas ao seu redor.

As entidades da bisbarra que seguir informando de que o cancro de mama é o tumor máis frecuente nas mulleres occidentais. En España diagnostícanse ao redor de 32.825 novos cancros de mama cada ano. 1 de cada 8 mulleres terá cancro de mama ao longo da súa vida. Por todo iso, a AECC, dispón dunha serie de servizos e programas para a atención integral das persoas con cancro de mama, relacionados coa información, o apoio e a investigación.

A entidade focaliza os seus esforzos na prevención e e actos como os seguintes para visibilizar a enfermidade.

Danza Rosa en Camariñas

O Concello de Camariñas, en colaboración coa xunta local da Asociación Española Contra o Cancro de Camariñas, ultiman os preparativos para “Danza Rosa” en apoio ao cancro de mama , que se celebrará o sábado 20 de outubro as 17:00 da tarde.
A esa hora abrirase o acto con saída dende a praza do concello ata a rotonda do peirao e á volta farase unha parada enfronte á virxe do Carme.
Ás 19:00h haberá “refrixerios” na Casa de Pedra e ás 20:00h unha “Charla” impartida polo Doutor Alfonso Mariño, do Centro Oncolóxico de Galicia antes do peche do acto.

Segue a loita en Cee

Mesa AECC o pasado 1 de outubro en Cee A Mesa AECC estivo o pasado 7 de outubro en Cee

Así mesmo, a Xunta Local de Cee da Asociación Española contra o Cancro, estará o mesmo venres 19 na entrada do Hospital Virxe da Xunqueira pola mañá, a partir das 11, para seguir coa campaña informativa e sumar socios e socias para a causa. Repartirán lazos rosas, símbolo desta loita.

Seguirán así a campaña iniciada o pasado 7 de outubro, cando voltaron estar arroupados por membros do grupo Airiños de Brens para animar unha velada na que destacou novamente unha comarca solidaria e concienciada coa enfermidade.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/mulleres-da-comarca-comparten-experiencias-nunha-xornada-sobre-o-cancro-de-mama/ https://quepasanacosta.gal/quedou-pequeno-o-aforo-para-a-comida-benefica-da-asociacion-espanola-contra-o-cancro/

Comentarios