Domingo. 13.10.2024
El tiempo

A moda, a gran protagonista dos 25 anos da Mostra do Encaixe

A moda, a gran protagonista dos 25 anos da Mostra do Encaixe
Presentacion en Santiago da Mostra do Encaixe

Tivo lugar onte, en Santiago de Compostela, a presentación da Programación completa da XXV Mostra do Encaixe de Camariñas 2015. Unha edición, esta a 25ª, que será, como dixo a concelleira Sandra Insua, “a máis importante e especial de toda a historia”.

Esperan pois, dende a organización superar os 20.000 visitantes do ano pasado, invitando a todos os seus veciños camariñáns para que acudan ao evento, que este ano poderán entrar gratis do 1 ao 5 de abril a disfrutar da gran festa da vila.

A Moda, a gran protagonista

Unha Mostra que convirte unha artesanía centenaria nunha arte de total actualidade. I é que a moda será a principal protagonista do evento, con importantes novidades na pasarela e coa participación de recoñecidos diseñadores dentro do panorama español. O prestixioso Lorenzo Capile, que estará por primeira vez neste certamen, presentará alí a súa colección íntegra con encaixe de Camariñas, tal como anunciou onte o diseñador galego Franco Quintáns, director da pasarela de Camariñas.

Os demais diseñadores que exhibirán as súas coleccións na Mostra son Emilio Salinas, Rafael Urquizar, Paula do Vas, Esteban Fritiría, Ana Cabranes, Devota & Lomba e Franco Quintáns, ademais das firmas de tocados e complementos de Mar Balmon e Janet Schul, e a colaboración do catalán Gerard Solá, que foi o encargado de elaborar a mascota da feira, o osito de peluche Teddy Vilán, feito de forma totalmente artesanal. Ademais, este ano recupéranse os modelos masculinos para a pasarela.

Noveis deseñadores

No apartado da moda destacan tamén as propostas dos 27 concursantes que participan no concurso de Mozos Diseñadores, de España e Portugal, e os alumnos da Escola Municipal de Palillo, que no denominado Pequeencaixe lucirán as creacións elaboradas por elas mesmas. Esta iniciativa realizouse o ano pasado por primeira vez e alcanzou un gran éxito.

Historia e turismo

Tamén se recompilará a música dos 25 anos de historia da Mostra do Encaixe. Este ano a pasarela tamén terá por primeira vez nomee propio, Pasarela Abanca Encaixe de Camariñas por ser este grupo uno dos principais patrocinadores do certamen este ano.

Ademais, durante os pases de modelos de recoñecidos modistos, haberá unha pantalla na que se proxectarán os principais atractivos de Camariñas co fin de promocionar todo o territorio.

CParticipación internacional

Neste certamen participarán 13 delegacións estranxeiras que mostrarán as súas propias técnicas co palillo: Alemania, Brasil, Bélgica, Bulgaria, Estoniana, Francia, Italia, Polonia, Portugal, República Checa e Rusia, ademais de España cunha delegación de Arenis de Mar (Barcelona).

Durante os cinco días da Mostra haberá encontros de palilleiras de toda Galicia, coa participación de 700 artesanas e no recinto haberá un total de 53 expositores con todo tipo de artesanías.

Colaboradores

Sandra Ínsua aludiu ás “dificultades” do Concello para organizar este evento debido ao escaso apoio institucional. Do orzamento total de 210.000 euros, o 70% finánciase con fondos propios. “Creo que a Mostra merécese ser tratada un poquito mellor”, destacou. A modo de exemplo, recordaron que nos inicios da Mostra, a Xunta subvencionaba o evento con 300.000 euros e este ano a axuda reducirase a 12.000 euros. A Diputación da Coruña comprometeu unha axuda de 60.000 euros.

En todo caso, o Concello de Camariñas quere agradecer a colaboración de todos os colaboradores privados que fan posible a celebración da Mostra do Encaixe. Tres deles incorporáronse este ano: Abanca, Bodegas Marqués de Vizhoja e Ferroatlántica, polo que confían en que se manteña este apoio en novas edicións. E outros manteñen o apoio de pasadas edicións: Stolt Sexa Farm, Industrias Cerdeimar, Begano-Coca Cola, Asociación de Empresarios de Camariñas, Distribucións O Vilán, Grupo Correo Galego, Frigoríficos de Camariñas, Galego Pereira Frigoríficos e Pulpo de Camariñas.

Programa

Programa Mostra Encaixe 2015-1 Programa Mostra Encaixe 2015-2

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios