Martes. 04.08.2020
El tiempo

A Muller toma o mando na Costa

A Muller toma o mando na Costa
A Celebración, hoxe 8 de marzo, do Día Internacional da Muller na Costa da Morte. Son varios os concellos que celebran a data, logo de coñecer á protagonista do mes de marzo na Galería Mulleres de Muxía. Vemos unha foto das Mariscadoras do Anllóns, un grande exemplo de mulleres traballadoras e activas para toda a Costa da Morte e todo o país. Así que imos coñecendo as propostas dos concellos da bisbarra.

Camariñas

A Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade está organizando, con motivo da celebración do Día da Muller Traballadora, unhas “Xornadas de Experiencias de Mulleres Emprendedoras” que se levarán a cabo en Camariñas os vindeiros días 8 e 9 de abril. Con elas o que pretenden é a divulgación e intercambio de experiencias para a promoción económica de Camariñas. Todas as persoas que teñan interese en asistir e participar poderán facelo de maneira gratuita, inscribíndose previamente. En breve poderán facer a inscripción a través do blog da asociación mullerespolaigualdade.blogspot.com ou do número de teléfono 981 736 404.

Concello de Ponteceso

Este martes 8 de marzo na Praza do Relleno (de 11:00 a 13:00 h) terá lugar un acto significativo de recollida de pegadas de mans a favor dos dereitos da muller traballadora. Deixa a túa pegada “polos dereitos da muller traballadora”.

PSOE pontecesán

Unha das apostas que nos chega co gallo do Día da Muller é protagonizada polas Mulleres de Ponteceso. Concretamente un grupo de mulleres do PSdeG-PSOE de Ponteceso que mantiveron unha reunión co voceiro do PSOE local Lois Carballido. Dúas da mesmas serán as números 4 e 5 das listas do PSOE de cara ás municipais. O impulso de políticas de emprego para mulleres en Ponteceso foi a clave da cita. Sobre todo tatáronse novas vías para fomentar o autoemprego. O grupo de mulleres, que se relaciona máis abaixo, criticou o incumprimento do 90% do Plan de Igualdade do Concello de Ponteceso, en vigor de 2007 a 2012 pero con actuacións que nunca se levan á práctica.

Galiza Nova elixe á súa Muller

A militancia feminina de Galiza Nova elixiu o pasado venres por unanimidade a Zaira Trillo Nemiña como nova responsábel comarcal de Mulleres de Galiza Nova. Esta moza de Fisterra de 22 anos compaxina a súa implicación no nacionalismo na vila da fin do camiño cas súas labores como nai traballadora. A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova Costa da Morte sairá á rúa para difundir o seu posicionamento a respecto desta situación, baixo o lema "As mozas galegas, o motor do país: que non nos paren!".

Teatro en Vimianzo

O Concello de Vimianzo ten programada unha obra de teatro para o vindeiro domingo 13 de marzo no auditorio da Casa da Cultura as 20.00 h. A obra que vai ser presentada polo grupo Mariclown, titulada “A vida de Rosa, Día tras Día", a historia de todas as Rosas, ou cando menos de dúas Rosas que somos todas as demáis. Trátase dun "espectáculo creado por mulleres que queremos rir de nós mesmas"…

Novas relacionadas

Fonte

comentarios