A pintura e a escultura regresan ao faro Vilán
08:08 28/04/16
Ainda coas boas impresións despois de que a Semana Santa deixase máis de 3.300 visitas, o faro Vilán estrea o vindeiro domingo - 1 de maio - unha nova exposición de pinturas e de esculturas que se poderá visitar durante o mes de maio en horario de 11 a 14 horas e de 15:30 a 20 horas.
Xesús Franco, de profesión mariño mercante, é o autor da mostra de pinturas que leva por título "Mulleres". Ademais é escritor - fundamentalmente poeta- con once libros publicados e ten unha longa experiencia en radio e prensa. Gústalle pintar e fixo numerosas exposicións en Galicia e Portugal. "Mulleres" son retratos ficticios. Mulleres que son e non son.
Pola outra banda, Tino Canicoba, nado en Compostela, é autor da parte de esculturas da mostra que leva por título "O balcón do infinito". Canicoba fórmase artisticamente nas escolas de arte de Zaragoza e A Coruña, licenciado en Artes Aplicadas pola Escola Pablo Picasso da Coruña fai exposicións individuais e colectivas en Compostela, Vigo, Pontevedra, Lugo, Ourense, Girona, Por de la Selva (Girona) Ampurias (Girona), Salvaterra, Madrid, Andújar (Jaén), Valdepeñas, etc.
Foi finalista nos certámenes de Tui, Lugo, Andújar, e nos internacionais de Villa de Madrid e Valdepeñas.Primeiro e segundo premio no II e IV certamen de Artes Plásticas de Tui Primeiro e segundo premio no VI e VII certamen de Artes Plásticas de Lugo Primeiro premio I certamen Aycon (Vigo).
A asociación de empresarios e Promoción Turísitca de Camariñas é a encargada de xestionar o faro Vilán.
Novas relacionadas
- 08-01-2016: 120 anos do Faro Vilán
- Decembro 2015: Os visitantes do Faro Vilán medran nun 20% dende 2013.
- Novembro 2015: O aumento de visitantes refrenda ao Faro Vilán como exemplo de xestión turística.
- Setembro 2015: Coruñeses e madrileños, os que máis visitan o Faro Vilán.
- Outubro 2014: O Faro Vilán representa o aumento de visitantes na Costa da Morte.
- Oficina de Turismo: Pechada por vacacións.
- Ollando unha Galiza en Branco e Negro dende o Faro Vilán.
- Os empresarios de Camariñas reciben axuda para seguir dinamizando o Faro.
- O Cabo Vilán déixase pintar.
- A actividade cultural no Faro Vilán permite aumentar nun 40% o número de visitantes.
- O Vilán, o Faro dos Faros.
- Un ano de actividades no Faro Vilán cos Empresarios de Camariñas.
- Redacción QPC ([email protected])
- Asociación de Empresarios e Promoción Turísitca de Camariñas