Xoves. 12.09.2024
El tiempo

A Policía Local únese á loita contra a Violencia de Xénero en Camariñas

A Policía Local únese á loita contra a Violencia de Xénero en Camariñas
Garda Civil e Policia Local na Mesa de Violencia de Xenero de Camarinas

Onte tivo lugar no salón de plenos do Concello de Camariñas unha nova xuntanza das Mesas Interinstitucional e técnica en materia de violencia de xénero, como órgano articulado para favorecer a consolidación do itinerario de coordinación e cooperación interinstitucional.

Unhas das funcións desta mesas é a de coñecer e analizar a realidade das distintas formas de violencia de xénero no noso concello. Analizar os recursos existentes e valorar a necesidade de novos recursos adaptados a mulleres e menores. Realizar propostas de actuacións co fin de melloras condicións de vida das vítimas. Propoñer melloras e actualizacións dos mecanismos de coordinación e intervención nos casos de violencia de xénero no municipio, entre outras.

Un dos temas fundamentais da orde do día foi o da incorporación da Policía Local do concello ao sistema de seguimento integral dos casos de violencia de xénero. (Sistema VdG)

Á convocatoria da mesa asistiu a Xefa da Unidade contra a Violencia da Muller, Judit Fontela Baró a cal valorou positivamente o bo traballo que se está a realizar dende os servizos sociais do noso Concello, así como da boa colaboración que existe coas demais institucións participantes, garda civil, policía local, policía autonómica. Ademais da Xefa da Unidade contra a Violencia da muller, asistiron o Sarxento e o cabo 1º da Garda Civil de Camariñas, un representante da Policía Autonómica, un representante da Policía Local de Camariñas, as profesionais dos Servizos Sociais e da Área de Igualdade e a Concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Saúde, Mº del Carmen Linares Chica, responsable da concellería impulsora desta iniciativa.

O remate desta mesa tivo lugar tamén a celebración da Mesa Técnica en materia de violencia de xénero, que ten unhas funcións más específicas de traballo e de tratamento de casos que se dan no concello.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Camariñas.

Comentarios