sábado. 09.11.2024
El tiempo

A Semana Santa de Camariñas tamén troula

A Semana Santa de Camariñas tamén troula

Será completa a Semana Santa en Camariñas. Coma sempre, a oferta combina Artesanía na Mostra do Encaixe con boas festas, como son as da Romaría da Virxe do Monte.

As festas comezarán o sábado 7 de abril coa Festa da Zorza, que pechará coa Orquesta Costa Oeste e a Disco Móbil.
Para o domingo será a Orquestra Garibaldi a que poña a música na sesión vermú e na verbena. Pero o domingo tamén será o día da procesión para subir á Virxe ata o monte a partir das 18:00h. Á medianoite, unha gran traca de fogos artificiais iluminará o ceo camariñán.

E como en Fisterra coas Festas do Cristo, a troula dura ata o luns, coa Orquestra Atenas como protagonista.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios