A unión dos sectores do mar contra o PP


Dende Corcubión, Fisterra, Muros e Corme chegaron buses fletados ata Compostela. Pero o sector do mar da Costa da Morte estivo moito máis presente na manifestación convocada o pasado sábado na capital galega contras as políticas do goberno do PP arredor do mar.
A pesar da decisión de última hora da Xunta de retirar o borrador da Lei de Acuicultura, os convocantes decidiron que eran moitas máis as razóns polas que a sociedade civil tiña que protestar.
E alí foron unhas 30.000 persoas segundo as entidades convocantes as que berraron alto “O mar é o noso futuro”. Xentes de todos os sectores do mar (o arrastre, o cerco e a baixura) nunha unión ata agora nunca vista. A Costa da Morte unida tamén alzou a voz “Na defensa do sector do mar”. “Non llo imos permitir”, en alusión á lei de acuicultura, rezaba a pancarta dos veciños de Corme, e outras pancartas como “Defendemos o mexillón, non o salmón” deixaban claro o sector das xentes do mar polas rúas compostelás.



Novas relacionadas
- 23-02-16: A Xunta retira o Borrador da Lei de Acuicultura.
- Fisterra freta un autobús para ir á manifestación contra a Lei de Acuicultura.
- 10-02-16: Os artesáns do mar toman apuntes sobre a nova Lei de Acuicultura
- Decembro 2015: O río Xallas e a posible volta da piscifactoría de Touriñán, no balance ambiental de Adega do 2015.
- 02-10-16: A Xunta continúa permitindo construír piscifactorías en zonas protexidas.
- Marzo 2015: O prohibido proxecto da Piscifactoría de Touriñán: 1 millón de euros de cartos públicos ao mar.
- Febreiro 2015: Como é posible que a Xunta exima do impacto ambiental un proxecto no Cabo Vilán?.
- 10-12-12: Touriñán queda desprotexido contra a invasión piscícola.
- Xuño 2011: Touriñán, Quilmas, Arou e o Cabo C volven esperar as piscifactorías.
- Marzo 2011: A Xunta lembra que segue en marcha a piscifactoría do Cabo Touriñán.
- Novembro 2009: A USC conclúe que a piscifactoría de Touriñán é incompatible coa normativa europea .
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).