![]()
Os vindeiros días 18, 19 e 20 agosto terá lugar unha nova edición de
ExpoRía Camariñas, organizada polo concello camariñán, e que pretende promocionar os valores e recurso da ría e mar así como a cultura mariñeira da vila.
As empresas e entidades que desexen expoñer na carpa que se situará na zona do mercado contarán cun espazo gratuíto que deberán solicitar ata o 10 de agosto. As follas de solicitude deben envíalas asinadas ao enderezo electrónico adl@camarinas.net ou presentalas na Axencia de Desenvolvemento local na casa de Pedra de Camariñas ou na caseta de información turística.
Pode participar calquera empresa, entidades, artesáns ou profesionais relacionados co mundo do mar, a ría e a artesanía e cultura mariñeira: artigos e produtos do mar/ría, industria conservera, efectos navais, roupa e deportes naúticos, servizos turismo mariñeiro, produtos camariñáns, artesanías, servizos para traballadores e traballadoras do mar...
Actividades paralelas
Esta EXPORía conta cun amplo programa de actividades que se desenvolverán nesas datas; tales como exposicións, rutas guiadas, teatro e música na rúa, obradoiros para nenos e nenas, chowcooking, certame de baile, entre outras.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Camariñas