venres. 16.05.2025
El tiempo

Aberto o xuízo oral contra o alcalde de Camariñas

Aberto o xuízo oral contra o alcalde de Camariñas
Aberto o xuízo oral a Manuel Valeriano Alonso, Pichurri, alcalde de Camariñas, polo caso do Tanatorio

Parecía que o caso estaba esquecido tralo sobreseimento do caso do Tanaroio de Camariñas pola Fiscalía. Pero a sorpresa vén de saltar este luns 14 de xullo de 2015, coa apertura de xuízo oral contra o alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso, Pichurri, por posible delito de prevaricación administrativa na concesión da licencia de uso do solar.

O xuíz do Xulgado de Corcubión, Iván Barallobre, sinalaba nun auto que “non ha lugar ao sobreseimento provisional do caso”. Explica que “o alcalde permitiu o uso dun solo para un tanatorio cando estaba expresamente prohibido o seu uso”. E sinala que o alcalde coñecía a “contradición do dereito” debido ao informe contrario á licencia que realizou a Secretaria e Interventora municipais.

Veremos como responde o propio alcalde camariñán e mais o PSOE, a nivel galego e nacional, pois no seu código etico fixaba precisamente a apertura de xuízo oral para esixir a dimisión dos seus políticos imputados.

Novas relacionadas

Fonte

  • Diario Camariñán.
  • La Voz de Galicia.
  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios