Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O xuíz investiga un posible delito de prevaricación nunha recalificación de Camariñas

O xuíz investiga un posible delito de prevaricación nunha recalificación de Camariñas

Presentaba onte, día xudicial na Costa coas detencións da "Operación Forest", o xuíz de Corcubión, o auto de apertura de dilixencias para investigar á Xunta de Goberno de Camariñas, ao seu alcalde e mais a un párroco en calidade de presidente da Fundación Fernández Espín. E o fai por un presunto delito de prevaricación e tráfico de influencias nunha recalificación a tenor da denuncia presentada por dous veciños.

Resulta que os veciños non entenden, nin foron informados, da recalificación dunha parcela de solo ubano a "equipamento municipal" dos seus terreos, que antano foran propiedade da devandita Fundación, quedando deste xeito sen posibilidade de construír no solar que agora poderá ser expropiado polo Concello.

Os denunciante aseguran que se trata dunha "recalificación ilegal que non segue ningún dos procedementos administrativos previstos na Lei de Ordenación urbana" e que "conta ademais co informe negativo da secretaría".
O Concello asinaba en 2011 coa Fundación a cesión dos terreos, que xa eran, en teoría, propiedade dos denunciantes. A cambio, o tanatorio (tamén involucrado nunha seria polémica, de feito, o PP solicitaba esta semana o seu derrumbamento inmediato) levaría o nome dos Irmáns Espín e o Concello recuperaría todos os bens da fundación no inventario do PXOM.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios