Xoves. 25.07.2024
El tiempo

ADEGA denuncia buracos na Rede Natura para eólicos, piscifactorías e canteiras

ADEGA denuncia buracos na Rede Natura para eólicos, piscifactorías e canteiras

Apuntabamos o pasado mes que a Costa da Morte ve triplicada a súa Rede Natura. E tras analizar máis pormenorizadamente a proposta a entidade ecoloxista ADEGA, fai unha nova análise, na que califica de "insuficiente, incompleta e incoerente" a proposta de ampliación da Rede Natura 2000 por parte do PP.

Para ADEGA "a proposta deixa aberta a posibilidade de construir varios parques eólicos, piscifactorías, novas canteiras e mesmo promocións urbanísticas, en zonas protexidas".

A Costa da Morte como exemplo

  • No mapa: Proposta de ampliación da RN 2000 de 2008 (azul) para o LIC Carnota-Monte Pindo, coas áreas excluidas da proposta de 2011 e os desenvolvementos eólicos. Fonte: ADEGA cos datos cartográficos e ambientais da Xunta de Galicia.

Nas alegacións de ADEGA, un dos puntos claves é a Costa da Morte. Por exemplo, consideran que a ampliación LIC Carnota-Monte Pindo sofre recortes, pois nesta proposta con respecto ao documento do 2008, desenvolto polo goberno bipartito, desbotáronse as conexións entre o espazo interior e o litoral no treito entre O Ézaro e Cee e o que é máis grave, desaparece a prevista ampliación do LIC nas serras litotais de Muros, Carnota, Mazaricos e Serra de Outes, con presenza de humidais e hábitats de turbeiras, o que duplicaría a superficie terrestre deste LIC.
Casualmente nestas áreas excluidas están previstos varios desenvolvementos eólicos e canteiras a ceo aberto, deixan caer.

Espazo para as piscifactorías

Igualmente, dende ADEGA non entende varios "buracos" atopados na nova proposta nos lugares de Camelle e Arou, casualmente coincidentes coa ubicación das piscifatorías “Xandriña” e “Camelle” respeitivamente, previstas no Plano Acuícola.

O Monte Pindo irmándase con Monte Alto

Entrementres a Asociación Monte Pindo Parque Natural segue recadando apoios para a súa catalogación. E esta fin de semana foi algo máis que un irmandamento o vivido na Coruña. A unión no Campo de Marte entre a entidade carnotá e o barrio coruñés serviu para instaurar a Romaría do Carballo, que se celebrará o terceiro martes de cada marzo.

Xurxo Souto combinou o protagonismo cos Xilberto Caamaño ou Mario Maceiras, que ademais de explicar a proposta, presentaron a documental "Sendeiros Ocultos: Ruta á Moa".

Fonte e máis información

Novas relacionadas

Comentarios