O alumnado do IES Pedra da Aguia, especialistas en atraer Fondos Europeos

Non hai detalle sobre a realidade da Unión Europea que se lle escape á rapazada do IES Pedra da Aguia. Desta volta, o centro da Ponte do Porto quixo afondar sobre os Fondos europeos, e para iso, trouxo unha charla para o alumnado de 4º da ESO. Dentro do Plan Proxecta “Fondos Europeos” no que o Instituto participa de forma experimental, a charla, organizada pola Dirección Xeral de Cohesión e Fondos europeos da Consellería de Facenda da Xunta, foi impartida por Quique Mauricio, do colectivo “Polo Correo de Vento”, que colabora con eles.

Mauricio estivo acompañada da ilustradora Tania Solla, que foi facendo debuxos mentres tiña lugar a exposición cun resultado final sorprendente.

As ilustracións de Tania Solla na pizarra do IES

Porque o centro segue afondando na cultura europea. No pasado mes de xaneiro, o Centro xa contou coa cesión de 16 paneis xigantes sobre os fondos europeos que explicaban como se gastaran os cartos que viñan de Europa. 

Despois estiveron traballando nas clases coas fichas elaboradas para este fin polo propio Quique Mauricio, na que aparecían exemplos concretos de proxectos cofinanciados entre a Comisión Europea e as distintas administración públicas.

Na charla fíxose máis fincapé naqueles fondos máis próximos ao alumnado como o Fondo Social Europeo (FSE+) e o Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (FEMAP), que se centran respectivamente na formación e na creación de emprego e en todo o relacionado co mar dende un punto de vista sostible.

Investigación

Agora os rapaces teñen un dobre traballo que facer de cara ao 9 de maio: por unha banda, investigar no concello os distintos lugares e persoas que foron ou está sendo beneficiados polos fondos europeos e, por outa banda, realizar un cartel conmemorativo do Día de Europa (o 9 de maio) na que ademáis dun logo queden reflectidos os logros destes fondos en Galicia.

O obxectivo deste Plan Proxecta pretende concienciar ao alumnado de que a Unión Europea está máis cerca do que parece e que a súa axuda foi decisiva para a mellora experimentada por Galicia, que xa está máis preto de alcanzar a media comunitaria.

Entrevistano podcast do IES

Como broche da xornada, dous alumnos de 4º da ESO entrevistaron en Radio Aguia a Aurora Patiño, como representante da Dirección Xeral de Cohesión e Fondos Europeos. O pódcast estará disponible proximamente na web do centro.

Máis novas do centro