xoves. 23.01.2025
El tiempo

A política europea debátese no IES da Ponte do Porto

Sandra Vilela Marisol Soneira e Mini no IES da Ponte do Porto 2
Marisol Soneira, escoltada por Sandra Vilela e Mini no IES da Ponte do Porto
A política europea debátese no IES da Ponte do Porto

Política con maiúsculas a que se viviu este mércores no IES Pedra da Aguia. O equipo directivo, no seu afán por conseguir experiencias singulares e auténticas, por fomentar o espírito crítico entre a rapazada, e por amosar o funcionamento da política no noso país e mais en Europa, organizaba onte un debate electoral en toda regla. 

Visitaron o instituto camariñán tres exdeputados do Parlamento de Galicia, nun ritual que se ven repetindo dende hai varios anos. Marisol Soneira (ex deputada camariñá do PSdG), Sandra Vilela (exdeputada e actualmente voceira do PP, e membro do goberno de Muxía) e Xosé Luís Rivas "Mini" (ex deputado do BNG) explicaron ao alumnado de 3º da ESO para que sirve o Parlamento e como funciona o mundo político.

A camariñá Marisol Soneira destacou a presencia do labor do Parlamento na vida diaria dos galegos e suliñou que lonxe das pelexas entre grupos políticos que son noticia nos medios de comunicación, o que rixe na relación entre os deputados é a boa sintonía e a concordia.

O representante do BNG, Mini Rivas defendeu o labor que se fai para coidar as sinais de identidade dos galegos, recalcando que non sempre se está á greña no hemiciclo. Botou de menos unha presenza máis ampla nos medios do labor lexislativo que emana do Pazo do Hórreo, pero ensalzou proxectos como o de levar ás aulas a vida parlamentaria.

A muxiá Sandra Vilela, pola súa banda, reclamou maior implicación dos xóvenes: “A política non é allea a vós”, dixo. A pesar de empezar moi nova na política e dun paso fugaz pola Cámara galega, criticou que se cuestione aos políticos. “Os políticos serven para tomar decisións e para iso rodéanse de técnicos. Ser un bo político significa estar por riba dos intereses individuais”.Sandra Vilela Marisol Soneira e Mini no IES da Ponte do PortoNa rolda de preguntas, o alumnado tiña preparadas varias cuestións, pero a falta de tempo fixo que tan só se puideran contestar a dúas delas, unha referente ao aforamento dos deputados e a segunda sobre os referentes que tiveron os deputados antes da dar o salto á política. Neste caso concreto, a familia tivo moito que ver e tamén o carisma de determinados políticos dos primeiros anos democráticos.

Sandra Vilela Marisol Soneira e Mini no IES da Ponte do Porto co alumnado

Máis novas

Comentarios