Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Arrinca a tempada de pesca fluvial con máis tramos de pesca libre sen morte

Arrinca a tempada de pesca fluvial con máis tramos de pesca libre sen morte
O Coto de pesca sen morte do Rio Xallas entre os mellores de Europa O Couto de pesca sen morte do Río Xallas está entre os mellores de Europa

Temos na bisbarra a href=/o-xallas-e-un-dos-mellores-coutos-de-pesca-de-europa/>algúns dos “mellores coutos de pesca de Europa”. E seguro que esta tempada galega de pesca fluvial 2017 que arrinca o vindeiro 19 de marzo trae moitos visitantes á zona. Unha tempada que trae novos tramos de pesca libre sen morte, como os abertos nos río Grande de Baio, e de Vimianzo. En toda Galicia, en apenas 5 anos pasouse de 199km de río para a pesca sen morte, a 328 neste ano.

As cifras dan conta da importancia deste deporte na sociedade galega, pois son máis de 310.000 permisos os que outorga a Xunta. Ademais, hai un patente relevo xeracional.

Indicacións

Segundo indica a Orde anual que regula a pesca fluvial e que foi publicada no DOG en febreiro, a pesca debe facerse con cana, mosca artificial ou culleriña, anzol e sen engado natural e, con respecto á modalidade sen morte, é obrigatorio devolver as capturas á auga tras a súa extracción.

En canto aos horarios e días hábiles, e sempre con carácter xeral, o regulamento establece como inhábiles os luns, agás festivos nacionais ou autonómicos. Os xoves laborais da tempada poderase pescar, pero só na modalidade sen morte en todas as masas de auga, excepto o 13 de abril, Xoves Santo, que será hábil segundo a modalidade de pesca autorizada en cada masa de auga.

Sobre o intervalo de tempo habilitado para a práctica deste deporte, estará permitido pescar entre unha hora antes da saída do sol e unha hora despois da posta, pero, para máis seguridade, as horas poderanse consultar na páxina web de MeteoGalicia.

Ademais, a normativa sinala algunhas especies vedadas, como son o cangrexo de río, a reñosa, o espiñento, o sábalo e a anguía.

A tempada comeza coa troita

A tempada 2017 de pesca fluvial inicia o 19 de marzo coa troita e rematará o 31 de xullo. Nos coutos con convenio de colaboración, prolongarase ata o 30 de setembro na modalidade de pesca sen morte, e nas augas salmoneiras, nas de reo ou nas de montaña retrasarase a tempada ata o 1 de maio.

Por norma xeral, establécese a posibilidade de capturar 10 exemplares ao día e por persoa cunha talla mínima de 19 centímetros e os engados son os mesmos que os da tempada pasada.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios