Sábado. 08.08.2020
El tiempo

Arrincaron os campamentos de conciliación en Camariñas

Arrincaron os campamentos de conciliación en Camariñas

Era o verán para facer actividades ao aire libre, e para permitir que as familias poidan conciliar a vida laboral e familiar. E así o entendeu Camariñas que comezou coas actividades de verán: os Obradoiros de Conciliación e as Actividades Náuticas.

Houbo moi boa aceptación por parte da veciñanza xa que no Obradoiro de Conciliación cubríronse practicamente todas as prazas (só quedan 3 libres) e nas Actividades Náuticas o 75% das ofertadas. Hai programadas catro quendas programadas entre o pasado 6 de xullo e o 31 de agosto, utilizando zonas como as as aulas do CEIP O Areal, o Pavillón Polideportivo Municipal “Víctor Vigo”, o Club Náutico de Camariñas (actividades náuticas)…

Dende Camariñas resaltan os protocolos de seguridade, como o uso continuo das mascarillas.

CampamentosCamariñas (1)

comentarios