As algas por fin convírtense en protagonistas
Son as eternas esquecidas do noso mar. Sempre fachendeamos do noso marisco, do noso peixe, pero nunca falamos das nosas verduras do mar. Un produto que podería convertese en referencia económica a nivel internacional, pois se ben en Galicia non se valoran demasiado a nivel gastronómico, noutras partes do mundo están consideradas un manxar. E sen falar do seu alto valor fertilizante e outra gran serie de aplicacións.
Ademais, a Costa da Morte alberga máis de 600 especies diferentes e "reune unhas condicións expecionais para este vexetal mariño", segundo recoñeceron os promotores destas xornadas.
Son os activos Empresarios de Camariñas os que lle dan un merecido protagonismo ás algas. E fano coas "I Xornadas Algas en Camariñas: Encaixe do Mar", que se desenvolverán na vila durante a fin de semana do 5 ao 8 de decembro.
Terán de todo, con Andainas, rutas, tapas, desfile de moda…
Gastronomía
Haberá tapas e menús elaborados con algas no Club Náuitico, como nos seguintes establecimentos: O Curbeiro, Komarea, Haviota, Moleda, O Perceb, La Marina, Oasis, A Ría, O Bico, Villa de Oro, Stella Mare e Puerto Arnela.
Conferencia
A mañá do sábado 5 de decembro, ás 11:00h o doutor en Ciencias Biolóxicas, Alfredo J. Veiga Villar dará unha charla no Faro Vilán sobre o cultivo de algas na Costa da Morte.
Rutas turísticas
O domingo 6 de decembro comezará unha andaina dende o Concello ata a praia do Lavo, ao pé da Virxe do Monte, guiada por un dos maiores mestres na materia deste país, Antonio Muíños, o fundador de Porto Muíños, a empresa galega máis importante na materia.
Ademais, o martes 8 de 10:30h a 11:15 aberá unha saída pola beira do mar, polo porto de Camariñas con Jaqui Fateira, mariscadora e mariñeira.
De historias mariñeiras poderase aprender entre as 11:15 e 12:00h, xusto despois da visita guiada de Jaqui, desta volta con Bernardino Martínez, que nos falará da orixe das galerías na arquitectura marítima camariñá, dos naufraxios, e das casas tipo remo.
Tamén hai posibilidade de visitar con guía o Museo do Encaixe estará aberto de 12:00 a 12:30h na mañá do martes.
Desfile
O domingo 6 teremos a partir das 16:30h, un desfile de moda na Praza do Concello. Un pase de modelos de Camariñas que lucirán toda clase de prendas, xoiaría e bixutería que se poden adquirir nos comercios da vila, sempre con detalles de encaixe.
Novas relacionadas
- A USC destacou o aproveitamento das algas como fertilizante económico e de orixe natural.
- Os trapos sucios das algas na Costa da Morte.
- Algas á rúa.
- 2009: O PP rexeita a regulación da recollida do argazo.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).