Venres. 19.04.2024
El tiempo

As escolas de Cee, Camariñas, Fisterra e Malpica modernízanse

As escolas de Cee, Camariñas, Fisterra e Malpica modernízanse

Máis ben, acondiciónanse.Pois as axudas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para 8 centros escolares de Infantil e Primaria e de Secundaria dos concellos de Camariñas, Cee, Coristanco, Fisterra, A Laracha e Malpica de Bergantiños céntranse na mellora das infraestruturas.

Paso por Cee

A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou o IES Fernando Blanco e o CEIP Eugenio López, de Cee, para avaliar os traballos de mellora previstos, para os que se destinarán 57.617 euros.. Do Campo supervisou neste municipio as obras do IES Fernando Blanco, rematadas hai uns días e que consistiron na creación de novos aseos e na reparación da cuberta e as fiestras. Esta actuación contou cunha partida de 26.000 euros.

Actuacións en cinco concellos máis

En Camariñas, Educación está a mellorar os falsos teitos, a iluminación e a carpintería do CEIP de Ponte do Porto, cun investimento de 37.545 euros. Nos próximos días tamén arrancarán os traballos para dotar ao CEIP Mar de Fóra, de Fisterra, dun novo aseo e un almacén. Para esta intervención, destinaranse 6.000 euros.

A consellería tamén investirá máis de 16.000 euros nos CEIP Juan Rodríguez Otero e Milladoiro, de Malpica de Bergantiños. No primeiro renovarase a carpintería da planta baixa, mentres que no segundo, instalarase un porteiro automático.

Novas relacionadas

Fonte

  • Xunta.

Comentarios