Xoves. 12.12.2019
El tiempo

Cadeiras baleiras e zapatos negros, os símbolos do 25N de Coristanco e Camariñas

Zapatos negros para pisar a violencia, o símbolo do 25N en Camariñas
Zapatos negros para pisar a violencia, o símbolo do 25N en Camariñas
Cadeiras baleiras e zapatos negros, os símbolos do 25N de Coristanco e Camariñas

”Pisar a violencia” foi o lema escollido por Camariñas para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. E para iso todos os nenos dos centros educativos do CEIP Ponte do Porto, IES Pedra da Águia e CEIP O Areal, trouxeron un zapato negro das súas casas como símbolo da loita.

En cada un dos centros, realizouse un acto conxunto no que se leu un manifesto por parte da alcaldesa e outro por parte do alumnado, nos cales se condenaba todo tipo de violencia contra a muller. Ademais gardouse un minuto de silencio en memoria a todas as mulleres falecidas neste 2019 por este tipo de agresións.

Centros escolares de Camarinas polo 25N

Cadeiras baleiras en Coristanco

51 cadeiras baleiras

Mentres, en Coristanco escollleron 52 cadeiras baleiras, unha por cada vítima mortal deste ano 2019, como símbolo do 25N. Foron expostas na praza do Edificio de Servizos Múltiples en relación ao lema que este ano expresa a campaña desarrollada polo concello, "Nin unha cadeira máis baleira" que recolliu diferentes instantáneas ao longo do concello na que se podía ver unha cadeira baleira en diferentes ubicacións. Esta exposición aínda se pode ver nas instalacións do Centro Comercial Carefour de Coristanco.

O alumnado do CPI Alcalde Xosé Pichel, tamén prantaron flores de inverno como recordo as vítimas, xusto antes da Concentración na praza do concello onde os nenos de Secundaria realizaron a lectura dun manifesto e un poema en recordo das vítimas e a súa repulsa a violencia.

Prantando flores polas vitimas de violencia de xeneroConcentracion polo 25N en Coristanco

Novas relacionadas

Comentarios