Xoves. 09.07.2020
El tiempo

Camariñas abre as portas do seus museos

Unha das libretas do Museo Man de Camelle
Unha das libretas do Museo Man de Camelle
Camariñas abre as portas do seus museos

O Museo Man de Camelle e o Museo do Encaixe de Camariñas estarán abertos dende este mércores 1 de xullo. Mantendo os protocolos sanitarios, o horario ata finais do mes de setembro será de martes a domingo, de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas.
As visitas guiadas deberán solicitarase no correo electrónico [email protected] ou no teléfono 981 710 224.

Aula ‘Raquel Moreira Carril’

Tamén terá lugar a apertura da nova aula ‘Raquel Moreira Carril’ no museo do Encaixe, que pechara as súas portas a finais do ano 2019 para facer unha serie de reformas entre as que se incluía a adecuación do espazo da sala expositiva da planta baixa para transformala nun aula de palillo.

O mércores 1 de xullo ás 11 horas abrirá por primeira vez a aula bautizada co nome de Raquel Moreira Carril, que foi técnica do museo e profesora da escola municipal de palillo e que faleceu hai dous anos. O acto será só aberto para a familia e compañeiros e compañeiras do Concello de Camariñas.

Novas relacionadas

comentarios