Venres. 26.04.2024
El tiempo

Camariñas abre a preinscrición para as súas actividades de verán

Actividades de Verán 2022-Camarinas
Camariñas abre a preinscrición para as súas actividades de verán

O Concello de Camariñas abriu ata o venres 10 de xuño, o prazo de preinscrición obrigatorio para participar nas actividades deportivas previstas para este verán, que ofrecen unha alternativa de ocio e conciliación á mocidade e ás súas familias.

Por unha banda, haberá dispoñibles 24 prazas por quenda nas actividades acuáticas e, pola outra, habilitaranse 100 prazas por quenda para o obradoiro de tempo libre. Programáronse catro quendas: do 4 ao 15 de xullo, do 19 ao 2 de agosto, do 3 ao 17 de agosto e do 18 ao 31 de agosto.

As actividades acuáticas están dirixidas a persoas nadas entre 2014 e anteriores e levaranse a cabo no Club Náutico de Camariñas mentres que nos obradoiros de tempo libre poden participar peresoas nadas entre o 2018 e 2007, ambos incluídos, e terán lugar no pavillón municipal Víctor Vigo, en Camelle e na Ponte do Porto. O horario para as dúas actividades é de 10 a 13 horas.

No caso de que as preinscricións de persoas participantes empadroadas superen o límite de prazas previsto, estas asignaranse mediante sorteo entre elas, para as quendas que o precisen. No suposto que queden prazas non cubertas no caso anterior, farase sorteo para o resto de persoas interesadas, para as quendas que o precisen. Non se dará por válida a preinscrición da mesma persoa na mesma quenda nas dúas actividades.

As taxas pagaranse nun só pago, polo importe total das quendas nas que se matriculen definitivamente.

Comentarios