Martes. 23.04.2024
El tiempo

Camariñas abre servizo de recollida de aceite usado e electromésticos pequenos porta a porta

FolletoTriptico recollida aceite Camarinas
Camariñas abre servizo de recollida de aceite usado e electromésticos pequenos porta a porta

O Concello de Camariñas vén de asinar un convenio coa empresa Collecting Oil S.L., que se encargará da prestación do novo servizo de recollida de aceite usado. O acordo para reafimar a aposta municipal pola reciclaxe, que terá unha duración de dous anos, prorrogable durante outros dous.

O concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Caamaño, sinala que con esta iniciativa “o Concello busca mellorar a xestión do lixo, garantindo un mellor servizo para a cidadanía e promovendo, ademais, o respecto polo medio ambiente e a reciclaxe”.

Esta prestación abarcará a recollida e xestión dos seguintes residuos: aceites domésticos (fritidos, conservas, caducados), graxas e manteigas, pilas e baterías, lámpadas (mesmo as de baixo consumo e de tipo LED), electrodomésticos de pequeno tamaño (microondas, torradoras, teléfonos, radios, etc.), consumibles de impresoras, téxtiles e roupa e restos metálicos como, por exemplo, tixolas, moldes, cazarolas, entre outros.

O día fixado para a recollida, os veciños e veciñas poderán deixar, na porta dos seus domicilios, un recipiente de plástico cos aceites e graxas ou unha bolsa pechada cos residuos domésticos.

Collecting Oil S.L. comezará, proximamente, a percorrer as vivendas do municipio, onde entregarán un folleto informativo con todos os detalles sobre esta nova prestación. A periodicidade será dunha recollida cada catro meses (realizando, polo menos, tres ao ano).

Comentarios