Camariñas acolle unha charla sobre memoria democrática

10:22 06/03/25
O BNG de Camariñas organiza a charla "A recuperación da Memoria Democrática", ofrecida por Manuel Monge e presentada polo voceiro municipal do BNG, Xurxo Rodríguez. O evento terá lugar este venres 7 de marzo, ás 18:00h, no salón de plenos do Concello de Camariñas.
Manuel Monge, sociólogo e ensaísta, é presidente da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, e foi concelleiro do BNG na Coruña entre 2003 e 2007. Autor dos libros, entre outros, "A historia secuestrada polo franquismo" (2010, Laiovento), "Os restos do franquismo en Galiza" (2022, Laiovento) e "Feijóo: Biografía dun farsante" (2023, Laiovento).