Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Camariñas aposta polo talento para evitar a fuga de talento xuvenil

Camarinas Con Talento
Camariñas aposta polo talento para evitar a fuga de talento xuvenil

A fuga de talento xuvenil ás zonas urbanas é un dos grandes problemas da Costa da Morte. E para intentar paliar esta sangría, o Concello de Camariñas, coa colaboración da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, saca o programa “Camariñas con Talento”.

Coa idea de promover e capacitar o emprendemento na mocidade é unha vía imprescindible para reter o talento xuvenil nas zonas rurais, ademais de incrementar a viabilidade e a autoestima do empresariado mozo destes territorios.

Pide o Concello a implicación do tecido empresarial e dos centros escolares, para obter un produto grazas á participación das novas xeracións e que permite visibilizar os resultados.

O programa está dirixido a persoas menores de 30 anos e contempla as seguintes actividades e obxectivos. As actividades son gratuítas previa inscrición. O prazo para inscribirse remata o 15 de agosto de 2019. O horario das actividades será os acordado có alumnado participante.

Obradoiro de actitudes emprendedoras CON FLOW
Promover e reforzar actitudes e valores para o emprendemento en menores de idade.
Nº prazas: 15 (de 14 a 16 anos)
Duración: 3 horas
Data prevista: 2 de setembro

Visita guiada a boas prácticas empresariais CON VALOR
Coñecer e contactar con modelos de éxito de pequenas iniciativas vinculadas ás oportunidades e recursos locais promovidas pola mocidade da contorna.
Nº prazas: 40 (de 18 a 29 anos)
Duración: 8 horas, contando coa viaxe.
Data prevista: 10 de setembro

Obradoiro práctico de creación de contidos audiovisuais con dispositivos móbiles (Android e iOS) CON TALENTO
Dar a coñecer e promocionar, empregando ferramentas TIC´s, modelos de éxito de pequenas iniciativas promovidas pola mocidade local e especialmente polas mulleres.
Nº prazas: 15 (de 17 a 29 anos), preferentemente persoas desempregadas
Duración: 20 horas
Data prevista: do 2 ao 4 de setembro

Píldora formativa: instagram para empresas CON FUTURO
Dotar ao empresariado mozo de habilidades no uso das redes sociais para a promoción da súa actividade empresarial, especialmente en Instagram.
Nº prazas: 15 (de 18 a 29 anos), preferentemente empresariado ou persoas emprendedoras.
Duración: 3 horas
Data prevista: 5 de setembro

Comentarios