Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Camariñas aproba un plan a protección do patrimonio

Camariñas aproba un plan a protección do patrimonio
O ducumento pode consultarse na paxina web do concello de Camarinas O ducumento pode consultarse na paxina web do concello de Camarinas O Diario Oficial de Galicia publicou onte a aprobación do Plan Especial de Protección e Reforma Interior - Prepi - do concello de Camariñas. Segundo indican dende o goberno municipal "este documento, redactado pola empresa Consultora Galega, é o primeiro paso para a formalización dun Plan que ordene e normalice o desenvolvemento urbanístico do concello de Camariñas". O documento pode consultarse na páxina web do concello. Previa a publicación deste anuncio no DOGA o grupo de goberno e responsables da empresa redactora mantiveron un encontro con membros da oposición municipal, formado polo partido Popular e o BNG, co fin de explicarlles os pormenores do documento que ven de ser aprobado. Prazo de exposición O goberno municipal de Camariñas decidiu que o prazo de exposición do documento nas oficinas municipais sexa de dous meses e non de un, como require a lei, para dar máis tempo a todos os veciños implicados para a resolución das súas dúbidas.Para este fin, o concello habilitou unha oficina de exposición do Plan nas dependencias municipais e en horario de nove da maña a unha da tarde e de luns a venres. Ademais a empresa redactora recibirá aos veciños que así o desexen para escoitar as súas propostas, dúbidas ou ideas todos os xoves en horario de 10 a 14 horas. O concello camariñán remitíulles por correo certificado as comunicacións oficiais da aprobación do Plan a cada un propietarios das zona afectadas.  Segundo indica o alcalde de Camariñas - Manuel Valeriano Alonso - “é moi importante que os veciños se impliquen en informarse e coñecer si o Plan afecta dalgunha maneira a súa propiedade para poder facer o mellorPlan definitivo para eles e para Camariñas”. Novas relacionadas Fonte

Comentarios