Venres. 18.06.2021
El tiempo

Camariñas comeza os traballos de limpeza das súas etapas do Camiño dos Faros

O Concello propón realizar unha escollera para protexer o xacemento da Punta dos Castros e crear a senda que unirá Area da Vila e Lingunde
Limpeza Camino dos Faros Camarinas
Camariñas comeza os traballos de limpeza das súas etapas do Camiño dos Faros

Tiveron que ser, desta volta os hostaleiros, os que chamasen a atención aos Concellos para manter limpo o Camiño dos Faros. E Camariñas é dos primeiros en reaccionar comezando xa cos traballos de limpeza das súas etapas do Camiño dos Faros, que se porán a punto para o inicio do verán co obxectivo de manter no mellor estado un dos principais focos de atracción turística do municipio.

O Concello de Camariñas Camariñas conta con tres etapas das sete que forman o Camiño dos Faros: Laxe-Arou, Arou-Camariñas e Camariñas-Muxía. Os traballos consistirán no desbroce e limpeza dos camiños, acondicionando a contorna para facelos visibles e accesibles aos usuarios e usuarias. Sandra Insua, destacou que “para Camariñas o Camiño dos Faros é vital a nivel turístico e económico”.

Xacemento Punta dos Castros

talud lingunde Camarinas

Paralelamente, o Concello propón realizar unha escollera para protexer o xacemento da Punta dos Castros e crear a senda que unirá Area da Vila e Lingunde. Faino tras unha reunión coa arqueóloga da Dirección Xeral de Patrimonio propoñendo esta alternativa que permite preservar o castro e executar o proxecto da senda. A nova proposta consiste en facer unhas catas arqueolóxicas para preparar o terreo, realizar a escollera e construír sobre ela o itinerario.

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, subliña que “unir estas dúas zonas dun xeito seguro para os viandantes tamén é indispensable, é unha antiga demanda para un itinerario que ademais forma parte do Camiño dos Faros”.

comentarios