Martes. 11.05.2021
El tiempo

Os hostaleiros piden aos Concellos que limpen o Camiño dos Faros

Ruta do Camino dos Faros por Camarinas
Ruta do Camiño dos Faros por Camariñas
Os hostaleiros piden aos Concellos que limpen o Camiño dos Faros

Todos os anos teñen que ser os [email protected], ou os empresarios os que tiren dos Concellos para manter limpo o Camiño dos Faros. Unha das cousas polas que a homologación como Ruta de Gran Percorrido é tan importante, a pesar da falta de implicación das administracións. En calquera caso, na patronal da Plataforma de Turismo e Hostalería da Costa da Morte, son conscientes da importancia do sendeiro polo litoral costeiro para a economía, polo que o pasado 12 de abril enviaron aos concellos, por onde pasa o Camiño dos Faros (Malpica, Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Laxe, Camariñas, Muxía, Vimianzo, Cee e Fisterra) unha carta.

”O sendeirismo permite incrementar a economía da zona, axudando a mellorar a situación económica de moitas familias e empresas”, explica a carta. “Vemos que este ano o número de sendeiristas irá en aumento. Dende a Ponte de San Xosé hai un incesante regueiro de camiñantes percorrendo esta senda”, afirman.

Por piso piden que cada Concello, pola seguridade e para permitir un mellor disfrute da zona, que realice “urxentes labores de mantemento e limpeza das áreas”.

Dende a Plataforma recoñece que varios concellos xa contestaron e, de feito, algún, xa estaba limpando. Pero doutros aínda esperan resposta. O ano pasado, despois de moito recordar, todos os Concellos colaboraron.

Outras iniciativas

A coordinadora da Plataforma (que representa a 12 asociacións, 650 socios e 3.500 familias) mantivo a semana pasada unha reunión co Deputado polo BNG Daniel Pérez, o cal “interesouse polas nosas inquedanzas, reclamacións e visión de futuro do Turismo da Costa da Morte”. E en breve, terán xuntanza coa Deputación da Coruña. Seguindo así coa folla de ruta, que tiñamos establecido.

Novas do Camiño dos Faros

comentarios