venres. 08.11.2024
El tiempo

Camariñas destina o medio millón de euros do POS+ en dúas rúas e en gastos correntes

Camariñas destina o medio millón de euros do POS+ en dúas rúas e en gastos correntes
Plan POS+ Deputacion Coruna

Se onte era o Concello de Ponteceso o que aprobaba o Plan POS+ Único da Deputación, esta mañá de mércores tocoulle a Camariñas. Un Plan que outorga moita máis capacidade de decisión aos concellos, ao tempo que os obriga a pensar con maior responsabilidade.

En Camariñas, houbo unanimidade para aprobar o Plan, que conta cun importe total de 529.238,78 euros.

As dúas principais actuacións que se prevén con este plan son dúas obras necesarias: como son a reorganización da Rúa Pinzón de Camariñas, cun importe de 155.548 euros; e a pavimentación e saneamiento da Rúa de Abaixo de Arou, cun orzamento de 106.992 euros.

O Concello tamén destinará un total de 232.435 euros para a financiación de gastos correntes, e un importe de 14.353 euros para o pago a proveedores. Para a reducciónn da débeda con entidades financeiras destinaranse 46.773 euros.

O pleno tamén aprobou o plan complementario correspondente, cun total de 286.913 euros, con cargo ás baixas que poidan xurdir das distintas actuacións.

Novas relacionadas

Comentarios