Camariñas e Fisterra recibirán axudas para o Casco Histórico

09:30 23/05/11

Os municipios de Camariñas e Fisterra, Padrón, Pontedeume e Vedra reciben o apoio da Xunta para a redacción dos plans especias de protección dos cascos vellos . Son axudas de planemento específico para a protección de zonas históricas, e teñen por obxecto axudar aos concellos e contar cos instrumentos de planeamento urbanístico que contribúan a preservar o patrimonio cultural de asentamentos de carácter histórico ou de singular valor arquitectónico.
A finalidade é estudar estes espazos para que teñan futuro, estean activos, ofrezan servizos e revitalicen as cidades ou vilas nas que se atopan, coa posibilidade de definir novos usos e conservar o que defina o plan especial.
ANO DA ORDE | CONCELLO | FIGURA SUBVENCIONADA | IMPORTE DAS AXUDAS CONCEDIDAS NO ANO 2010 |
2010 | Camariñas | Plan Especial de Protección e Reforma interior do Casco Histórico | 165.564€ |
2010 | Fisterra | Plan Especial de Protección e Reforma interior do Casco Histórico | 105.172€ |
Fonte
- Nota de prensa da Xunta.