Luns. 04.11.2024
El tiempo

Camariñas pon en marcha a Mostra do Encaixe

Camariñas pon en marcha a Mostra do Encaixe
Esta tarde habera un encontro das palilleiras mais noveles da Escola Municipal de Camarinas Esta tarde haberá un encontro das palilleiras máis noveles da Escola Municipal de Camariñas Durante os próximos cinco días Camariñas convertirase na tarde na capital mundial do encaixe. Esta tarde, ás 17 horas, terá lugar o acto inaugural da XXVII Mostra do Encaixe ao que acudirán o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a directora xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Sol María Vázquez Abeal; e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro; entreoutras autoridades da Costa da Morte. Previamente, ás 15:30 horas, xa haberá un encontro de palilleiras ao que asistirán as integrantes da Escola Municipal de Camariñas e outras encaixeiras do municipio e do de Vimianzo. Tras o acto inaugural, ás 18:30 horas, daran comezo os desfiles co Pequeencaixe no que as alumnas da escola municipal lucirán as súas propias creacións e, a continuación, xa será o desfile das firmas. Nesta edición partiparn dez recoñecidos deseñadores de roupa e complementos entre os que están Ana Cabranes (Xixón), Claudina Mata (Granada), Devota & Lomba (Madrid), Esteban Freiría (vigués afincado en Málaga), José Matteos (A Coruña), Sanmar Niños (A Coruña) y Yono Taola (Madrid), ademais das firmas de complementos Cristina Llama (Xisón), Janet Schulz (Vigo) e Mar Balmon (Madrid). Nos desfiles tamén terán o seu merecido oco dúas deseñadoras de Camariñas, María Campaña e Katy Mouzo, que contan cunha ampla traxectoria no mundo da moda. Deseñadores Noveles No concurso de Deseñadores Noveles deste ano participan trinta coleccións procedentes de distintos puntos do territorio nacional. O primerio premio está dotado con 2.104€, o segundo con 1.202 e o terceiro con 601. Ademais a organización indica que haberá un premio especial do público, dotado tamén con 601€. Ademais das coleccións de recoñecidos deseñadores e das novas promesas, na pasarela de Camariñas poderánse ver durante esta Semana Santa os traballos das delegacións extranxeiras que participan no certame. Debido aos atentados acontecidos onte en Bélxica, a delegación procedente deste país confirmou que non asistirá á Mostra tal e como estaba previsto. No seu stand lucirá un crespón negro en sinal de solidaridade coas víctimas desta traxedia. Estes incidente podería afectar á presencia doutras delegacións debido aos problemas coas comunicacións que están rexistrándose no aeroportos europeos. Moda, artesanía, gastronomía, música, deportes naúticos, entre outros, son os atractivos que esta Semana Santa se poden atopar en Camariñas. Ademais haberá visitas guiadas polos lugares máis emblemáticos do municipio, un campamento naútico, obradoiros artesanais para nenos, demostracións en vivo,... Todos os días da Mostra haberá encontros de encaixeiras procedentes de diferentes lugares e mañá xoves, oito bloggers de moda tamén se darán cita en Camariñas. Rosa Mouzo, coa que tivemos a oportunidade de falar, encargouse do deseño do cartel da Mostra no que se reflicte a gran tradición do encaixe que ten a vila de Camariñas.   Novas relacionadas Fonte  

Comentarios