Venres. 26.04.2024
El tiempo

Camariñas pon en marcha un novo concurso fotográfico a través das redes sociais

Camariñas pon en marcha un novo concurso fotográfico a través das redes sociais
concurso fotografia redes sociais camarinas Co obxectivo de dar a coñecer os principais atractivos turísticos e a paisaxe da zona do cabo Vilán, o concello de Camariñas - a través da concellaría de Comercio e Turismo - vén de poñer en marcha un novo concurso de fotografías a través das redes sociais. Premiaranse as mellores e máis votadas fotos realizadas dende o banco de Camariñas e etiquetadas cos hashtags #elmejorbancodelmundo e #Camariñas. O prazo de participarción e de votación discorre entre o 1 de xullo e o 31 de agosto. As persoas participantes deberán subir as imáxes realizadas dende o banco de Camariñas á páxina de Facebook de "Camariñas, todo Mar. Costa da Morte" ou á conta de Instragram. Ademais, os participantes poderán compartir a publicación nos seus perfís co fin de conseguir o maior número de votos. Premios Haberá premios semanais para as fotos máis votadas e premios finais elixidos por un tribunal entre as 25 fotos máis votadas ao final do concurso en cada unha das redes . Máis información e bases na páxina web do concello de Camariñas. Fonte  

Comentarios