![concurso fotografia redes sociais camarinas]()
Co obxectivo de dar a coñecer os principais atractivos turísticos e a paisaxe da zona do cabo Vilán, o concello de Camariñas - a través da concellaría de Comercio e Turismo - vén de poñer en marcha un novo concurso de fotografías a través das redes sociais.
Premiaranse as mellores e máis votadas
fotos realizadas dende o banco de Camariñas e etiquetadas cos hashtags
#elmejorbancodelmundo e
#Camariñas.
O prazo de participarción e de votación discorre entre o 1 de xullo e o 31 de agosto. As persoas participantes deberán subir as imáxes realizadas dende o banco de Camariñas á
páxina de Facebook de "Camariñas, todo Mar. Costa da Morte" ou á
conta de Instragram. Ademais, os participantes poderán compartir a publicación nos seus perfís co fin de conseguir o maior número de votos.
Premios
Haberá premios semanais para as fotos máis votadas e premios finais elixidos por un tribunal entre as 25 fotos máis votadas ao final do concurso en cada unha das redes .
Máis información e bases na
páxina web do concello de Camariñas.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Camariñas