Camariñas ponse DBarrio para favorecer a compra en liña no comercio local
Hai pouco o proxecto de venda en liña DBarrio foi presentada en Vimianzo. Onte tocaba en Camariñas, onde o Concello tamén escolleu esta plataforma para unha das medidas para paliar a crise. Unha web para potenciar as vendas dos nosos pequenos empresarios a un custo asumible.
Un total de 36 persoas, representantes do tecido empresarial do municipio (comercio, encaixe, hostalaría, servizos deportivos, pastelerías…), asistiron ao encontro informativo na Casa de Pedra.
Pablo Sánchez e Jacobo Santamarina explicaron en Camariñas o proxecto DBarrio
Comprobaron como cada empresa vai poder crear a súa propia web e tamén instalar unha pasarela de pago cuns custes moi inferiores dos que tería facelo pola súa propia conta, ofrecendo ademais asesoramento e facilitando a xestión do transporte, para o que farían o contacto cos taxistas ou transportistas locais.
O prazo para preinscribirse nesta iniciativa remata o 26 de xuño. A cota anual é de 50€.
Formulario
O Concello habilitou un formulario (https://forms.gle/YjdexeBNF4DXVNSz5) para que se anoten as empresas que desexen vender en liña na plataforma DBarrio.