Camariñas prepara unha gran II Feira Náutica que abre as portas aos escritores


Coa Bandeira Azul xa confirmada, o Club Náutico de Camariñas segue facendo actividades para atraer turismo á Costa da Morte. A vindeira data, despois do ano pasado, será a II Feira Náutica de Camariñas (FENAUCAM 2018), que terá lugar os días 22, 23 e 24 de xuño.
Unha feira clave non só para o sector náutico e turístico, senón tamén para outros sectores da bisbarra, e onde a organización do evento quere telos presente tanto nas actividades complementarias (conferencias, charlas, mesa redonda, etc.) como mesmo a través dos propios stands dispostos na carpa principal. Un escaparate único.
Unha gran carpa estará chea de stands de empresas relacionadas co mundo do mar e outro apartado especial con exposicións de gran relevancia. E tamén haberá unha zona dedicada aos máis pequenos, e onde os pais e nais poderan deixar os seus fillos/as con toda seguridade mentras visitan a Feira Náutica.
Estarán presentes os Museos do Mar da Costa da Morte para participar na sección de exposicións e xa están contactando con empresas de sectores moi variados: asteleiros, seguridade, electrónica, material deportivo, pesca, motor, escolas náuticas, equipamento e accesorios, talleres, etc… De feito, todas as empresas interesadas e entidades relacionadas co mundo do mar que desexen estar presentes nesta II Feira Náutica de Camariñas poden poñerse en contacto a través do móvil 618 950557 ou correo electrónico: cncamarinas@cncamarinas.com.
Espazo para os escritores
Entre as novidades deste ano destaca a inclusión dun Stand especial dedicado aos escritores da Costa da Morte (sexan autores da temática que sexa) os cales están invitados a facer presentacións directas das súas obras ao público que asista a feira así como a firma de libros.
Novas relacionadas
- O CN de Camariñas valora o éxito da I Feira Náutica e xa ten data para a cita 2018.
- 10 praias, 2 sendeiros e 2 portos da Costa da Morte lucirán Bandeira Azul este verán.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).