Mércores. 04.08.2021
El tiempo

Portos debulla 3 niveis de restrición para a pesca recreativa nos peiraos autonómicos

A normativa será aprobada “ao longo do verán”
Pescando luras no peirao de Laxe
Portos debulla 3 niveis de restrición para a pesca recreativa nos peiraos autonómicos

Levan dende o pasado mes de novembro de 2020 manifestándose, reclamando que non se lles trate como delincuentes, que se lles permita desenvolver a súa afección de ir pescar nos portos do país. Concentracións en vilas como Laxe ou Malpica e mesmo manifestacións multitudinarias en Compostela.

Hoxe a Conselleira do Mar tiña que responder a unha pregunta sobre o asunto na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo no Parlamento de Galicia. E anunciaba que a Xunta estuda un cambio normativo nos peiraos, non sen lembrar que a práctica da pesca recreativa está restrinxida dende 1972, a pesar de que durante 50 anos as autoridades non lle fixeran caso.

Deste xeito, a Xunta anuncia que “levantará total ou parcialmente a prohibición da pesca recreativa”, cando o que realmente fai e regulala. Farao a través de 3 niveis de restricións“, “condicionada por zonas ou horarios”, nunha normativa que aprobará e publicará no DOG “ao longo do verán”.

Así, dos 28 portos que quedarán libres de toda prohibición en Galicia, na comarca están o dos Muíños (Muros), o do Ézaro (Dumbría) e a pequena rampa de Santa Mariña (Ponteceso).

Serán 16 dos 128 peiraos autonómicos nos que non se poderá pescar nunca, entre eles o de Quenxe (Corcubión).

No resto, a pesca recreativa estará limitada por condicións de zonas ou horarias. Entres os portos con esta categoría están os de Caión, Razo, Malpica, Barizo, Corme, Laxe, Camelle, Arou, Santa Mariña de Camariñas, Camariñas, Muxía, O Sardiñeiro, Fisterra, Corcubión, Brens, O Pindo, Portocubelo, Muros, Esteiro.

A confraría de Malpica propuña “reorganizar os espacios portuarios” e “regular o tráfico interior restrinxindo o paso á zona portuaria de vehículos mediante un horario de luns a venres e que podería abrirse os fins de semana a tempo completo”.

Novas relacionadas

comentarios