Martes. 23.04.2024
El tiempo

Camariñas, en risco de epidemia de tuberculosis ante a pasividade do Sergas

epidemia turberculosis en camarinas
Camariñas, en risco de epidemia de tuberculosis ante a pasividade do Sergas

Camariñas vive estes meses en cuarentena. Veciños da zona aseguran que pode haber uns 50 casos de tuberculosis pulmonar (TB), unha cifra absolutamente fóra do normal para unha poboación como a da vila do encaixe. Medio pobo xa se tivo que facer as probas despois de que arredor de unha ducia de nenos (tanto do colexio como do instituto) e unha trintena de adultos deran positivo.

Cifras que, segundo especialistas na área sanitaria, fan que o a situación pase de brote case que a epidemia, mentres o Sergas, que si que enviou un médico de medicina preventiva a raíz do primeiro caso, non fai ningún chamamento á responsabilidade da veciñanza, non dá información nin parece facer ningún traballo de prevención na zona, máis alá de ir analizando os círculos máis cercanos a cada caso positivo.

”Hai moita cantidade de afectados, isto é fóra do normal, non sei como non toman medidas”, valora unha veciña afectada.

2 meses en “cuarentena”

A nai dunha nena, de 13 anos, afectada, cóntans como está sendo a enfermidade. “Agora está ben, pero durante un par de meses afectoulle bastante, non comía, adelgazou, non tiña forzas… Ela dicíanos que estaba sempre cansada, pero claro, pensabamos que era a típica cousa de adolescente. Pasou un mes e leveina ao pediatra o 20 de novembro, e dixo que era un proceso gripal. Pero como seguía con tos, e aínda cansada, o 15 de decembro, leveina ao privado e xa me dixeron que era tuberculosis. Ingresou o 28 de decembro no materno, e estivo 6 días ingresada. A partir de aí, estivo 2 meses aislada, sen saír da casa, sen ir ao instituto, sen facer deporte nin nada… e con mascarilla para facer calquera cousa…”, explica a nai.

Proceso

A tuberculosis é unha enfermidade que xera moita alerta, pero contaxiarse non é tan sinxelo como parece, a pesar de ser a través do aire (nunca da saliva ou outros fluidos). É segundo fontes sanitarias, é unha enfermidade que podería estar erradicada, e seguramente se mantén aínda activa porque a xente non cumple os protocolos. En todo caso, a zona de Camariñas é unha área historicamente tendente á tuberculosis. “Galicia é unha zona endémica, pero Camariñas concretamente, aínda máis”, sinalan varios profesionais.

Non todos os casos teñen a mesma gravidade, e non todos os positivos obrigan a pasar unha cuarentena tan grave como a desta rapaza. De feito, estar en contacto continuo cunha afectada non implica ter que contaxiarse, e dar positivo na proba demostra que estiveches en contacto con esa bacteria pero non quere dicir que teñas a enfermidade nin que a poidas contaxiar.

Cómpre pois apelar á responsabilidade das familias á manter os protocolos de actuación, pois a partir de 5 anos xa poden contaxiar, polo aire, esta enfermidade.

Novas relacionadas

Comentarios