venres. 16.05.2025
El tiempo

Camariñas tamén quere un Centro de Día

Camariñas tamén quere un Centro de Día

Son os Centros de Día os grandes proxectos, normalmente, electorais, nos envellecidos concellos rurais. E a Costa da Morte non escapa. Fálase nestes días da posibilidade de facer un Centro de Día en Malpica, da promesa de abrir un en Cee, da estrea do carballés, da eterna parálise do de Corcubión ou da ilegalidade do peche do de Carnota

Agora é Camariñas, o asegura que "busca financiamento nos próximos meses para a construción dun centro de día na localidade. A próxima semana enviará unha memoria á Xunta de Galicia para que estude este proxecto e empezar así a buscar vías de financiamento, posto que o Concello non ten capacidade para asumir unha obra destas características. A construción destas instalacións supera os 600.000 euros (611.630 euros), e tería capacidade para 30 usuarios.

O Concello pretende situar as instalacións nunha parcela da fundación Fernández Espín, na confluencia das rúas Eugenio López e Areal, que conta cunha superficie de 825 metros cadrados. Estes terreos xa están catalogados como equipamiento municipal no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), polo que o Goberno local quere buscar financiamento en distintas administracións para a posta en marcha deste novo servizo.

Na mesma liña, o Concello informou da recente recepción dunha subvención de 31.000 euros para a contratación de dúas novas auxiliares de axuda no fogar, aínda que o Concello tamén terá que aportar 14.000 euros de fondos propios. Ademais, no mes de agosto poñerase en marcha o programa Xantar na Casa, que en principio dará servizo a dez acodes que pagarán dous euros cada día polo xantar, incluíndo o reparto a domicilio. O servizo está financiado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Camariñas.

Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios