Venres. 29.03.2024
El tiempo

Camelle suma un festival de baile solidario coa familia de Tatiana

Camelle suma un festival de baile solidario coa familia de Tatiana
Aerobic solidario na Ponte do Porto

Segue Camelle volcada coa tan querida familia de Tatiana. A seguinte acción solidaria que trata de axudar á familia de Tatiana a mercar unha casa tralo pasamento do seu home José Secundino, será un festival de Ritmos Latinos e Aeróbic. Coa colaboración do Concello de Camariñas e da A.VV. A Pergoliña, tres amigas da zona se puxeron a armar este festival.

O evento terá lugar o sábado 24 de febreiro no pavillón de Ponte do Porto. Cada entrada ten un custo de 3 euros (que será donado integramente para a familiar) e con ela recibirán unha bolsa de merenda composta por unha auga, unha froita e un iogur. Teremos unha zona destinada ó deporte, na que haberá tres monitores que darán clase de aerobic e ritmos latinos durante 40 minutos cada un. Nos descansos, ademais de coller forzas, faremos os sorteos de 55 agasallos donados polos comercios da zona. Durante as tres horas que se prevé que dure o evento os cativos poderán disfrutar brincando nos inchables. Tamén terán pintacaras, globoflexia e xogos varios.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios