Campaña informativa para Emigrantes con Pensións do Extranxeiro

09:25 03/09/13
Este Sábado dia 31 de Agosto tivo lugar no salón de plenos do Concello de cee a primeira das charlas informativas que ten preparadas o BNG o largo desta semana sobre os requerimentos que se están enviando dende a Axencia Tributaria os Emigrantes con Pensións do extranxeiro, o salón de plenos quedabase pequeno ante tal cantidade de xente. Os pensionistas retornados do extranxeiro están moi inquietos con este tema e queren coñecer todalas posibles consecuencias.
O portavoz do Bng da Costa da Morte, Serxio Domínguez Louro, e o portavoz do Bng de Corcubión, Xabier Paz, deron paso a Manuel Domínguez, membro da asociación Marusía de emigranes retornados, e a Tareixa Paz, deputada do Bng no Parlamento de Galicia, que profundizaron na problemática da cuestión e atenderon a mais de unha hora de dúbidas e preguntas dos asistentes.
A próxima reunión informativa será no Salón de Plenos do Concello de Fisterra o martes dia 3 Setembro as 20:00 h. Nesa reunión terán a Germán Martinez, portavoz do BNG de Fisterra é a Ana Pontón, Deputada do BNG no parlamento de Galicia. A seguinte das reunións será o Xoves dia 5 de setembro na casa de pedra de Camariñas, as 19:00h.
