Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Case a metade das intervencións de Protección Civil de Camariñas no 2020 foron relacionadas coa COVID

ProtecciónCivilCamariñas
Case a metade das intervencións de Protección Civil de Camariñas no 2020 foron relacionadas coa COVID

Un dato que nos serve para comprobar como nos afectou a pandemia, e para valorar o inmenso traballo do voluntariado, ofrécenolo hoxe Protección Civil de Camariñas. O 44% das súas intervencións no 2020 estiveron relacionadas coa COVID-19. Dos 157 operativos realizados pola agrupación, un total de 69 teñen que ver con desinfeccións en espazos públicos, controis de aforo, reparto de material de protección e educativo, o cribado realizado no centro de saúde…

O resto das saídas levadas a cabo polos efectivos de Protección Civil están relacionadas con cuestión de seguridade viaria (accidentes, manchas de aceite nas vías, caídas de árbores, etc.), recollida de animais soltos e outras actuacións en espazos públicos (rego nos xardíns, incendios, inundacións…).

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, quere lembrar que “Protección Civil fixo un destacado traballo durante os meses de confinamento domiciliario da maior parte da poboación, sendo os encargados de levar, casa por casa, as máscaras elaboradas polo departamento da Mostra do Encaixe e tamén o material e as ferramentas que necesitaba o alumnado do municipio para poder seguir con normalidade as súas clases”.

Comentarios