A cativada de Camelle aprende a valorar a súa contorna c@s voluntari@s de Mar de Fábula
Moi especial foi a actividade que celebraron os pequen@s da Escola de Infantil e Primaria de Camelle. E moi especial tamén para a xente de Mar de Fábula, que por fin ve como o alivio da pandemia lles permite ir espallando a súa mensaxe ambiental. Xunt@s protagonizaron un acto simbólico carregado de futuro.
A sesión comezou na praia da vila, ampla, aberta coa súa mar sempre en calma. Durante unha hora, os cativiños, correndo dunha parte a outra, activos, curiosos, sempre querendo saber, apañaron o lixo plástico espallado ao longo das liñas de marea, mesturado cos argazos.
Á saída da praia, no paseo marítimo, as grandes máscaras de Mar de Fábula penduradas na rexa branca, dábanlles a benvida. Alí, na terraza de entrada, ao abrigo do vento, baleiráronse as bolsas e axudouse aos nenos na identificación das principais fraccións do lixo apañado.
Logo, dentro do local, despois dunha pequena charla adaptada á súa idade sobre os perigos dos plásticos para o mar e as súas criaturas, os cativiños xa libres de ataduras, colleron os anacos de plásticos que quixeron, limpos e praparados e con eles, construíndo cousas, a súa imaxinación xa non tivo límites.
Case dúas horas de acción de reflexión e creatividade creando ademais vasos comunicantes entre o centro e @s voluntari@s da entidade (Alejandra, a directora da escola, Camino Vilanova de Camariñas, e Vrxinia Barros de Camelle), que ten a porta aberta a todas as escolas que queiran distrutala.
Novas relacionadas
- Abril 21: A praia de Lago, outra sesión para “mobilizar conciencias para coidar o noso mar”.
- Marzo 2021: "É lamentable que a xente siga entrando, fumando e tirando as cabichas no Museo Xardín de Man”.
- Outubro 2020: 17 sacos grandes de lixo menos na ribeira do río do Porto.
- Agosto 2020: Comarea e Mar de Fábula uniron forzas e poesía para darlle brillo ao Coído de Cuño.