Centos de persoas contemplaron a Copa do Mundo en Camariñas
09:28 05/08/11
Na xornada do pasado mércores, 3 de agosto, a Copa do Mundo, estivo exposta na Casa de Pedra de Camariñas. E por alí pasáronse máis de 2.500 persoas co gallo de ter esa foto que quede na lembranza de todos para a posteridade. Unha foto co trofeo gañado pola Selección Española o pasado ano en Sudáfrica.
O Concello camariñán agradeceu as xestións realizadas ao alcalde de Cerceda e a sazón presidente da Federación Galega de Fútbol, José García Liñares.
Quen non quixo perder esta cita foi o rexedor municipal, Manuel Valeriano Alonso de León. Vemos na foto como posaba con ansiado trofeo.
Novas relacionadas
Fonte