Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Os centros de ensino, protagonistas dos #8M camariñán

8m en Camarinas
Os centros de ensino, protagonistas dos #8M camariñán

Prepara o Concello de Camariñas un Día INternacional da Muller pensando nos máis peques. Por iso agradece o compromiso dos centros CEIP O Areal e CEIP Ponte do Porto, que están volcados coa data.

Onte, 1 de marzo, xa abría as súas portas a ‘A biblioteca violeta’, cunha selección de libros, manuais e materiais audiovisuais que educan a favor da igualdade.

Ademais, os dias 5 e 12 faranse dous obradoiros virtuais de ilustración co alumnado de 5º e 6º de primaria, do que unha vez rematado levarase a cabo unha exposición virtual co traballo da mocidade participante.

Ademais, o 8 de marzo está previsto presentar un mural en homenaxe a todas as mulleres feito nos muros do CEIP Ponte do Porto. Irá acompañado dun vídeo onde os artistas encargados de pintalo explican todo o proceso de deseño e elaboración , os medios cos que necesitan contar para pintalo….

Comentarios