Xoves. 28.05.2020
El tiempo

Un Certame para aprender sobre as Letras Galegas e axudar ao comercio local

Un Certame para aprender sobre as Letras Galegas e axudar ao comercio local

O domingo 17 de maio chiaremos #EuFaloGalego ata convertilo en tendencia mundial. Pero o Día das Letras Galegas terá moitas máis actividades, como o concurso telemático “‘Que sabes das nosas letras?’ que organiza a Biblioteca Municipal de Camariñas.

A idea é apuntarse a unha lista de difusión do Whastapp no marco do proxecto Destronavirus, (665134490) para responder cuestións e superar certos retos propostos pola organización que xa está lanzando dende o 11 ata o 16 de maio e relacionados sempre coa cultura galega e especificamente coa lingua e literatura do país. Por cada unha destas probas asignarase unha puntuación e a resposta correcta farase pública ao día seguinte.

Premios para axudar ao comercio local

Esta iniciativa cultural tamén ten un obxectivo solidario xa que se repartirá un total de 300 euros en premios en forma de bonos para canxear nos comercios de Camariñas.

Novas relacionadas

comentarios