Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Cheo para descubrir a Ruta Costa do Solpor

Cheo para descubrir a Ruta Costa do Solpor
A Ruta Costa do Solpor parou na Praia Langosteira A Ruta Costa do Solpor parou na Praia Langosteira

De rotundo éxito califica o propio Xosé María Lema Suárez a primeira experiencia ca Ruta Costa do Solpor. Esta visita guiada polos lugares onde se desenvolve a súa novela homónima, volvendo ata agosto de 1761.

Organizada polo Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM) e co acolaboración da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), foron 55 persoas as que completaron o aforo desta primeira excursión, sen baixa algunha a última hora e con lista de espera.<

Con saída en Vimianzo, correspondía falar do Castelo medieval vimiancés antes de partir, así como doutras fortalezas das terras de Altamira como Mens ou Corcubión. De aí a Boallo, dirección Muxía, para ver as ruínas onde viviu a familia Moscoso. Pasaron pola Praia Langosteira fisterrá, onde o profesor Antón G. Losada explicou a xeoloxía do Arco Fisterrán. E mais polo porto de Fisterra e polo Castelo de San Carlos, onde tomou a palabra o poeta e mariño Alexandre Neriu.

Continuou a expedición polas Terras de Nemancos cara Touriñán, Cuño, a Punta da Buitra e a praia de Arnela, a parada final da Hispaniola|, a embarcación protagonista da novela. Isabel Freire, da Radio Galega e o profesor Xan Fernández Carrera ampliaron a información.

Houbo parada para xantar nos Muíños, pero pronbto volvetaron cara Merexo, Meis, Cereixo, Ponte do Porto, Santa Mariña, e a pista do Reira, pola Costa dos Toxos ata a Duna do Monte Branco. Camelle foi a última parada desta cita que terá que repetirse con total seguridade, e da que podedes ver moito máis detallada no web do Semescom.

Simbólica doazón

Lema Suarez doando libros ao con Lema Suarez doando libros ao con

O propio historiador, etnógrafo e escritor vimiancés vén de visitar o Concello de Carballo para doar medio centenar de libros que pasarán a ser de propiedade municipal e que serán clasificados e postos a disposición dos fondos das bibliotecas carballesas. Foron as principais publicacións do Seminario de Estudos da Costa da Morte (desde o libro das Antas en varios idiomas, textos literarios, batáns do Mosquetín, Cruceiros, Penedos de Pasarela etc.), seguindo o ronsel xa iniciado noutros concellos da zona, coma Muxía, Vimianzo, Zas ou Mazaricos. De feito, invita ao resto de concellos a poñerse en contacto co SEMESCOM para solicitar a entrega para as súas bibliotecas.
Ademais, Lema Suárez tamén fixo a doazón de varios dos seus libros, como a miña tese sobre a "Arte Relixiosa na Terra de Soneira" ou o "Bamiro. Un estudo do hábitat rural galego", que fora o 1º libro que publiquei (en 1976).

Tamén quedaron en Carballo varios exemplares do libro futboleiro realizado xunto a Xosé María Rei Lema "50 anos da Historia do Fútbol da Costa (1964-2014)", estes adquiridos polo Concello de Carballo para as súas bibliotecas a un prezo, iso si, rebaixado. Os autores agradecen esta contribución do Concello carballés (como xa fixeron outros concellos anteriormente).

Máis información

Novas relacionadas

Artigos de Lema Suárez en QPC

Fonte e máis información

Comentarios